Miguel Abelenda Pérez e o seu adestrador Héctor García Soto, voltan hoxe de Xixón despois da disputa en terras astures do XXXIX Campionato de España de Natación Infantil de Inverno que se está a celebrar en piscina larga nas instalacións do CN. Santa Olaya. Miguel Abelenda tivo unha actuación máis que destacada na proba dos 1500 metros libres acadando a 18ª praza na categoría de 15 anos; proba na que establecía as mellores marcas do clube da súa idade ao paso polos 800, e tamén a dos 1500 metros libres. Ademáis na distancia dos 800 Miguel sumaba unha nova mínima de participación para os nacionáis de verán de Barcelona e xa van tres, as de 400, 800 e 1500 libres. Toda a información relativa ao XXXIX Campionato de España de Natación Infantil de Inverno de Xixón podedes atopala na seguinte ligazón https://rfen.es/es/section/inatacion-infantil-invierno e no apartado de descargas natación de esta mesma web tedes tamén os resultados da proba dos 1500 libres masculinos.