A derradeira sesión do XXXIV Trofeo Da Madalena disputada o pasado sábado deixóunos os triunfos da infantil Nana Suárez e o júnior Alejandro Méndez na proba dos 100 estilos, a 2ª praza infantil de Claudia Esmorís nos 50 costas, o 3º posto infantil de Daniel Pardo nos 100 braza, e as victorias dos infantis Miguel Abelenda nos 200 libres e Lucía Romanelli nos 200 bolboreta. o 3º posto júnior de Alejandro Méndez na mesma proba, o 3º posto infantil de Lucía Romanelli tamén nos 100 bolboreta, e o 2º posto infantil de Nana Suárez nos 100 libres. No que á clasificación conxunta por clubes se refire rematamos o torneo na 6ª praza con Miguel Abelenda como mellor nadador e Nana Suárez como 3ª mellor nadadora, ambos da categoría infantil, pola suma dos puntos Fina das 3 probas nadadas. Nana bateu ademáis as mellores marcas do club dos 50 e 100 libres (15 anos) e á absoluta dos 100 estilos. Os resultados do XXXIV Trofeo Da Madalena están dispoñibles no apartado de descargas natación desta mesma web.