O vindeiro sábado día 30 de marzo de 2019 a Piscina Municipal de Monforte será a sede que acolla, en horario de tarde, a derradeira das xornadas preliminares da Liga Galega de Clubs na súa terceira división. Despois da segunda xornada celebrada en Narón no mes de xaneiro, os da AD.Fogar de Carballo e Oleiros lideramos a clasificación provisional con 14 puntos, 4 por diante da ADN.Narón que suma 10 e 6 máis que o Universitario de Santiago que leva 8 puntos: https://www.fegan.org/fegan/tprd/1819/snat/res/liga_gal_clubes/clasificacions.pdf. Nesta terceira rolda concursaremos cun equipo de 20 nadadoras e nadadores, 8 mulleres e 12 homes, entre os que nadarán as probas individuais dos 200 e 800 metros libres, os 200 braza, os 50 bolboreta e costas e os 400 estilos; e tamén as substitucións por equipos dos 4x50 libres e os 4x100 estilos. Nesta xornada chéganos coa terceira praza para rematar primeiros da fase preliminar, o que nos dá dereito a loitar polo título en Carballo. Na documentación anexa a esta noticia podedes consultar a lista de saídas da xornada e a inscrición dos nadadores e nadadoras de Carballo e Oleiros.