Nana Suárez (2005) e Miguel Abelenda (2004), xunto co seu adestrador Héctor García, veñen de ser convocados pola Federación Galega de Natación e por segundo ano consecutivo para o GES https://www.fegan.org/post/2; Grupo Especial de Seguimento que ten como obxectivo xeral o de apoiar a formación dos nadadores novos para un futuro desenvolvemento competitivo e tamén o de actualizar de maneira continuada os seus adestradores, aproveitando a estrutura do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) como base onde realizar sesións de adestramento comúns cos 32 mellores nadadores galegos. A posta en marcha será o vindeiro venres 8 de novembro ás 17:30 horas no CGTD de Pontevedra. Farase unha reunión inicial duns 20 minutos, cos deportistas, os seus pais e técnicos, para informarlles do desenvolvemento da actividade. A continuación realizarán unha primeira sesión de adestramento de 18:00 a 19:30 horas.