Nana, Miki e Nano pechan a tempada nos nacionais de verán


 25 Xullo, 2019   Natación 

Nana, Miki e Nano pechan a tempada nos nacionais de verán

Nana Suárez Kitahori e Miguel Abelenda Pérez (Miki) participarán no XLI Campionato de España de Natación Infantil de Verán a disputarse en Barcelona do 27 ao 30 de xullo con 251 clubs e 790 nadadores en liza https://rfen.es/es/section/infantil-verano-2019. Nana de 14 anos de idade tomará parte nas probas de 100, 200 e 400 metros libres e tamén na de 200 metros estilos. Miki de 15 anos fará o propio nas probas dos 100, 200, 400, 800 e 1500 metros libres. Pola súa banda Alejandro Méndez García (Nano) farao en Terrasa do 3 ao 7 de agosto no XLI Campionato de España de Natación Júnior de Verán que contará coa presenza de 210 clubs e 779 nadadores https://rfen.es/es/section/absoluto-junior-verano-2019. Nano de 17 anos tomará parte na proba dos 100 metros libres. Os tres chegan no seu mellor momento de forma da man do seu adestrador Héctor García Soto.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.