Mañán sábado día 22 de xaneiro de 2022, desde ás 15:30 horas; a Piscina Municipal da Gándara en narón, será a sede que acolla a segunda das tres Xornadas Preliminares da Liga Galega de Clubs na súa Segunda División. @s nos@s nadadores-as están a ocupar a primeira praza desta Fase Preliminar por diante do CN. Arteixo, o CN. Rías Baixas de Vigo, o CN. Mos a AD. Naútico de Narón e o Universitario de Santiago. Nesta segunda rolda concursaremos con 19 d@s nos@s nadadores-as, nove da categoría feminina e outros 10 da masculina; entre os que se repartirán as probas individuais dos 50, 100, 200 e 1500 metros libres, os 50 braza, os 100 costas e estilos e os 200 bolboreta, ademais das substitucións por equipos dos 4x100 e 4x200 metros libres. O noso obxectivo nesta Fase Preliminar é o de manternos entre os 3 primeiros clasificados que serán os que finalmente loiten polo título e o ascenso á primeira división. No apartado descargas natación desta mesma web podedes atopar a nosa convocatoria e a lista de saídas da xornada naronesa.