Nove mellores marcas d@s nos@s no Nacional Júnior e Absoluto


 25 Xuño, 2024   Natación 

Nove mellores marcas d@s nos@s no Nacional Júnior e Absoluto

Do 18 ao 22 de xuño, Carla Jiménez, Simón Rey, Paulo Rivas, Jorge Souto e Manuel Souto representáronnos no Campionato de España Júnior e Absoluto de Verán celebrado nas instalacións municipais de Son Hugo en Palma de Mallorca. O torneo nadouse en piscina longa e contou coa participación de 257 clubs que mobilizaron a un total de 1.233 nadadores e nadadoras ao longo dos cinco días de competición. Desta volta o máis destacado d@s nos@s foron as nove mellores marcas do club acadadas por Jorge Souto (4), no 200 costas da categoría absoluta, os 50 e 100 costas dos 17 anos e os 50 libres tamén dos 17 anos; Paulo Rivas (3) nos 100 libres e os 50 e 100 bolboreta da categoría de 16 anos; e Simón Rey (2) nos 50 bolboreta e máis costas da categoría absoluta. En canto ás clasificacións individuais compre subliñar a Paulo Rivas (16 anos) que foi 13º nos 100 e 200 bolboreta, 15º nos 50 bolboreta e 16º nos 400 libres e Carla Jiménez (17 - 18 anos) que rematou 18ª nos 50 braza. Resultados que podedes atopar no apartado descargas natación desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.