O equipo absoluto despide o ano en Lugo cun gran campionato


 30 Decembro, 2025   Natación 

O equipo absoluto despide o ano en Lugo cun gran campionato

Os pasados 27, 28 e 29 de decembro, 16 d@s nadadores-as da AD.Fogar tomaron parte en Lugo no Campionato Galego Absoluto de Inverno disputado na Piscina Minicipal de Frigsa; onde @s nos@s callaron unha máis que destacada actuación fronte aos 28 equipos participantes no torneo. No referente ás clasificacións por equipos fomos, 10ª femininas, 7º masculinos e 9ªº conxunt@s. Ademais @s nos@s nadaron 10 finais A e 10 finais B acadando 3 medallas, 23 mellores marcas persoais, 1 mellor marca galega e 15 récords do club. Desta volta as medallas foron para Martín López, ouro nos 100 braza e bronce nos 50 braza e para Anxo Fuentefría, ouro nos 200 braza. No que ás mellores marcas se refire, Anxo Fuentefría bateu a galega de 16 anos nos 200 braza, e as do club nos 50 (16 anos), 100 (16 anos), 200 braza (16 anos e absoluta) e 200 estilos (16 anos), Martín López as do club nos 50 e 100 braza (absolutas), Alba Lamas a do club nos 200 costas (14 anos e absoluta) e Manuel López a do club nos 50 costas (15 anos). Ademais melloraronse tamén os anteriores rexistros absolutos do club nas remudas femininas dos 4x100 libres e estilos e 4x200 libres, e nas remudas masculinas dos 4x50 libres e estilos. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas natación desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar a análise da navegación dos usuarios e mellorar os nosos servizos. Ao pulsar Acepto consente ditas cookies. Pode obter máis información pulsando Máis información ou ben cambiar a configuración escollendo unha de estas opcións:

Pechar