O pasado sábado día 7 de maio de 2022 a piscina municipal Carballo Calero acollía en sesións de mañán e tarde, a Final da Liga Galega de Clubs de Natación na súa segunda división; proba na que nos xogabamos o título e o ascenso a primeira en confrontación directa co C.N. Arteixo e o C.N. Vigo Rías Baixas. @s nos@s afrontaban a xornada coa determinación de acadar o ascenso pero tamén co firme desexo de loitar polo títalo ata o final e non defraudaron. Pola mañán xa aventaxábamos en 64 puntos ao Rías e mantíñamonos dentro do previsto a 28 puntos do Arteixo. Pola tarde e coa tranquilidade de ter o ascenso asegurado, callamos unha moi boa segunda sesión para rematar segundos con 386 puntos, por detrás do Arteixo que acadaba o títalo con 421 e por diante do Rías que sumaba 245 para ser terceiro. Proba do nivel e a intensidade d@s nos@s foron os catro records do club, dous de 16 anos e outros dous absolutos de Carla Jiménez nos 100 e os 200 metros braza ou as mínimas nacionais da mesma Carla Jiménez nos 100 braza da categoría júnior, a de Yoel Mato nos 50 libres júnior e as de Jorge Souto nos 200 costas e os 400 estilos infantil; ademáis de gañar no cómputo global 16 das 40 probas da xornada. Os resultados desta fase final de ascenso da Liga Galega de Clubs de segunda división están dispoñibles no apartado descargas natación desta mesma web.