Desde mañá, sábado día 28 de decembro de 2019 e ata o vindeiro luns día 30, doce nadadores e nadadoras da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomarán parte no Campionato Galego Absoluto Open de Inverno que se disputa sobre 25 metros na Piscina do Complexo Deportivo Rías do Sur da localidade de Pontevedra. O torneo autonómico contará coa presenza de 27 equipos e o concurso de 318 nadadores e nadadoras, dos que 182 son homes e 136 son mulleres. En canto á nosa representación dicir que nesta ocasión confórmana 12 deportistas, Elisa Pichel, Mar Ferreiro, Nana Suárez e Lara gonzález en categoría feminina e Carlos Iglesias, Ivan Claudio Fernández, Christian Varela, Manuel Verdes, Adrián Haz, Ángel Tomé, Alejandro Méndez e Miguel Abelenda na masculina; entre os que nadarán un total de 34 probas a título individual e as 11 substitucións por equipos nas categorías masculina, feminina e mixta. Toda a información referente a este Campionato Galego de Natación Absoluto Open de Inverno podedes atopala na ligazón federativa https://www.fegan.org/post/1748; ademais achéganse a esta nova a nosa propia convocatoria, e as listaxes de saídas do campionato.