Desde hoxe martes día 28 e ata o xoves día 30 de decembro de 2021, 18 nadadores e nadadoras da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomarán parte no Campionato Galego Absoluto de Inverno a disputar en piscina de 25 metros nas instalacións do Club Fluvial de Lugo. O torneo autonómico contará coa presenza de 24 equipos e o concurso de 250 nadadores e nadadoras, dos que 129 son homes e 121 son mulleres. En canto á nosa representación dicir que nesta ocasión confórmana 18 deportistas, 7 mulleres e 11 homes; entre os que nadarán un total de 57 probas a título individual e as 10 substitucións por equipos nas categorías masculina e feminina. Dentro das medidas extraordinarias motivadas pola covid-19 á instalación só poderán acceder as persoas vacinadas e os equipos femininos e masculinos non manterán contacto algún entre sí posto que as féminas competirán nas tres primeiras sesións do torneo mentres que os homes farano nas tres seguintes. Toda a información referente a este Campionato Galego de Natación Absoluto de Inverno podedes atopala na ligazón federativa https://www.fegan.org/post/1748