Este sábado día 16 de novembro 95 nadadores e nadadoras dos clubs, AD.Fogar, CN.Arteixo, CN.Coruña, CN.Culleredo, CN.Liceo, C.Mar e SC.Casino; tomarán parte na Piscina Municipal Carballo Calero na primeira das xornadas da Liga Galega Alevín. @s nos@s formarán en Carballo cun equipo de 6 nenas e 9 nenos para completar un concurso de 24 probas individuais e 3 substitucións por equipos. A tempada pasada os do Fogar de Carballo e Oleiros rematamos a liga nunha moi meritoria 7ª praza conxunta dos 31 equipos participantes. A convocatoria local e as series da xornada carballesa podédelas atopar no apartado de descargas natación desta mesma web.
E mañá venres en horario de tarde, Carlos Casal e Noa Ferreiro baixo a dirección de Daniel Toro, Director Técnico da FEGAN; tomarán parte na primeira das xornadas de tecnificación do Programa GES Infantil cos obxectivos de, avaliar as capacidades físicas, técnicas e tácticas d@s nadadores-as, fomentar unha actitude e uns valores no concepto de perseveranza que favorezan o desenrolo deportivo e persoal d@s deportistas, axudar e apoiar a labor d@s técnic@ dos clubs e favorecer a interrelación d@s nadadores-as e adestradores-as dos clubs galegos c@s responsables técnicos federativos.