A A. D. Fogar da Xuventude e o Concello de Carballo rendemos a pasada fin de semana unha especial homenaxe a Pedro Luis Fernández Pombo, quen fose directivo fundador, socio honorífico e deportista da nosa entidade, ademáis de xuíz de natación e membro do Comité Galego de Árbitros. Neste seu primeiro memorial no que participaron 288 nadadores e nadadoras en representación de 28 equipos, 3 deles chegados desde fóra de Galicia; batéronse un total de 10 récords galegos, o que reflicte o nivel da competición e @s participantes. No tocante ao concurso d@s nos@s nadadores-as compre subliñar que o sábado melloramos 14 récords do club e gañamos 10 das 34 probas da xornada; ademáis na suma de puntos FINA Carla Jiménez foi a 3ª mellor nadadora do memorial e Manuel Souto o 5º mellor nadador. Na sesión máster do domingo batemos outras 4 mellores marcas do club e na suma de puntos FINA Pablo Fernández rematou na 5ª praza masculina mentres que na feminina María Barca era 14ª. Resultados que podedes atopar nos apartados de descargas natación e descargas máster desta mesma web.