O infantil, junior e absoluto mobiliza a 13 dos nosos nadadores


 03 Xullo, 2019   Natación 

O infantil,  junior e absoluto mobiliza a 13 dos nosos nadadores

Desde mañá xoves día 4 e ata o vindeiro domingo día 7 de xullo, trece nadadores da AD. Fogar de Carballo e Oleiros avaliarán o seu estado de forma nunha nova edición do Campionato Galego Infantil, Junior e Absoluto de Verán que se disputa na Piscina Olímpica Rías do Sur en Pontevedra (50 m e 10 rúas). O torneo rexional contará coa presenza de 27 equipos e o concurso de 402 nadadores e nadadoras da nosa comunidade autónoma, 192 mulleres e 210 homes. En canto á nosa representación dicir que a conforman 13 nadadores e nadadoras que viaxan coa intención de mellorar as súas marcas persoais, 3 mulleres, 1 da categoría infantil, 1 da junior e outra da absoluta e 10 homes, 4 de eles infantís, 3  junior e 3 absolutos; entre os que nadarán un total de 49 probas, 41 delas a título individual e outras 8 de substitucións, os dos equipos infantil masculino (3) e absoluto masculino (5). No arquivo adxunto a esta noticia podedes ollear a convocatoria e o programa de probas dos nosos nadadores; ademais na ligazón federativa  https://www.fegan.org/post/1884 podedes consultar tamén toda a información referente a este Campionato Galego de Natación Infantil, Junior e Absoluto de Verán.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.