Esta fin de semana preséntase intensa para os intereses de 38 d@s nadadores e nadadoras da AD.Fogar de Carballo e Oleiros. Mañá en xornadas de mañán e tarde, 12 delas-es, 9 mozas e 3 mozos, tomarán parte no XLIII Memorial Internacional Juan Varela que o Club Natación Marina Ferrol organiza ano tras ano na Piscina dos Batallóns. O mesmo sábado a Piscina Municipal de Riazor acollerá en horario de tarde (15:45 horas) a 4ª xornada da Liga Galega Benxamín na que estamos a ocupar a 13ª praza provisional dos 29 equipos que conseguiron puntuar nas tres primeiras xornadas. Para esta 4ª rolda imos competir con 24 nadadores e 2 nadadoras no noso afán de manternos na metade alta da táboa. As convocatorias e as listaxes de saídas destas 2 xornadas podédelas atopar no apartado descargas natación desta mesma web.