Esta fin de semana 20 d@s nadadores-as da AD.Fogar de Carballo e Oleiros competirán nas localidades de Xixón e Arteixo. Mañán pola tarde, Paulo Rivas nadará a proba dos 50 metros libres no XLII Campionato de España Infantil de Inverno que se celebra nas instalacións do Club Natación Santa Olaya, en Xixón, do 9 ao 12 de marzo. Na cita nacional tomarán parte 194 clubs e 633 nadadoras e nadadores (341 mozas e 292 mozos). Por outra banda, 19 d@s nos@s alevíns (9 rapaces e 10 rapazas) competirán o sábado en horario de tarde, na 4ª das xornadas da Liga Galega Alevín a desputar na Piscina Municipal de Arteixo. Liga na que @s nos@s cativ@s están a ocupar a 8ª praza conxunta dos 32 equipos que conseguiron puntuar nas tres primeiras xornadas. A convocatoria d@s nadadores-as de Carballo e Oleiros e a listaxe de saídas do sábado, podédelas atopar no apartado de descargas natación desta mesma web.