Esta fin de semana un total de 23 d@s nadadores-as da AD.Fogar de Carballo e Oleiros competirán nas localidades de Palma de Mallorca e A Coruña. Desde mañán e ata o vindeiro domingo, Carla Jiménez, Carlos Abeleira, Manuel Verdes, Simón Rey e Yoel Suárez tomarán parte no Campionato de España Júnior e Absoluto de Natación Open Astrapool a desputar nas Piscinas Municipais de Son Hugo, en Palma de Mallorca. Evento de referencia internacional que contará coa presenza de 209 clubs e seleccións nacionais que mobilizarán a 889 nadadores e nadadoras. Por outra banda, 18 d@s nos@s alevíns (9 rapaces e outras 9 rapazas) competirán o sábado en horario de tarde, na 5ª das xornadas da Liga Galega Alevín con sede na Piscina do Club do Mar de San Amaro en A Coruña. Liga na que @s nos@s cativ@s están a ocupar a 8ª praza conxunta dos 32 equipos que conseguiron puntuar nas tres primeiras xornadas. As convocatorias d@s nadadores-as de Carballo e Oleiros, podédelas atopar no apartado de descargas natación desta mesma web.