O sábado á tarde a Piscina Municipal Carballo Calero de Carballo acollerá a 3ª Xornada da Liga Galega Prebenxamín que congrega @s nen@s dos anos 2016 e 2017 e o 3º Control de Marcas Benxamín-Alevín que reúne @s rapaces-as das nosas Escolas de Natación en Carballo e Oleiros nad@s anos 2012, 2013, 2014 e 2015. A competición levaráse a cabo de maneira conxunta desde as 16:00 horas e contará coa presenza de 50 nadadores-as, 27 rapazas e 23 rapaces. Compre subliñar tamén que logo da 2ª xornada de liga o noso equipo prebenxamín está a ocupar a 6ª praza conxunta dos 19 equipos que veñen participando nesta tempada 2024-2025. No apartado de descargas natación desta mesma web podedes atopar as listas de saídas da proba carballesa.