O vindeiro sábado día 30 de novembro desde as 16:30 horas, a Piscina Municipal Carballo Calero de Carballo acollerá a 1ª Xornada da Liga Galega Prebenxamín que reunirá a 17 nen@s nad@s nos anos 2016 e 2017 e o 1º Control de Marcas Benxamín-Alevín que contará coa presenza de outros 41 nen@s dos anos 2012, 2013, 2014 e 2015. Tamén o sábado pero a mañá, Carla Giance, Sara Ríos, Xacobo Fraga e o adestrador Martín López, tomarán parte no CGTD de Pontevedra na 1ª Xornada do GES federativo alevín que ten como obxectivos os de, avaliar as capacidades físicas, técnicas e tácticas d@s nadadores-as, fomentar unha actitude e uns valores no concepto de perseveranza que favorezan o desenrolo deportivo e persoal d@s deportistas, axudar e apoiar a labor d@s técnic@ dos clubs e favorecer a interrelación d@s nadadores-as e adestradores-as dos clubs galegos c@s responsables técnicos federativos. Compre sinalar tamén que na 1ª Xornada da Liga Infantil do pasado sábado Noa Ferreiro e Alba Lamas melloraron os rércods do club de 13 anos nas probas dos 100 bolboreta e os 200 libres no caso de Noa e nos 100 estilos e os 100 e 200 costas no caso de Alba; nadadora esta última que bateu tamén o récord absoluto do club nos 200 costas.