O sábado nádase en Carballo a 3ª xornada da Liga Galega Alevín


 12 Xaneiro, 2023   Natación 

O sábado nádase en Carballo a 3ª xornada da Liga Galega Alevín

O vindeiro sábado día 14 de xaneiro en horario de tarde, a Piscina Municipal Carballo Calero de Carballo acolle a 3ª Xornada da Liga Galega de Natación Alevín. A competición levaráse a cabo dende as 16:00 horas e contará coa presenza de 8 dos equipos da zona. Ademáis do noso, veñen a Carballo o C.N. Coruña, o C. do Mar, o S.C. Casino, o C.N. Liceo, o C.N. Culleredo, o C.N. Oleiros e o C.M. Artabria; entre os que movilizaremos a un total de 78 nadadores-as, 45 rapazas e 33 rapaces. Para esta segunda rolda aliñaremos un equipo composto por 24 nadadoras-es, 13 nenas e 11 nenos c@s que loitaremos por manternos entre os 9 mellores equipos da categoría.  A nosa convocatoria e a lista de saídas están dispoñibles no apartado de descargas natación desta mesma web.

Compre sinalar tamén os bos resultados d@s nos@s no XXXVI Trofeo da Magdalena celebrado os pasados 3 e 4 de xaneiro en Avilés, onde rematamos 11º dos 18 equipos participantes. A título individual, Carla Jiménez foi a 2ª mellor nadadora de 17 anos do torneo gañando os 50 metros braza con récord do clube nesta mesma categoría, e gañando tamén os 200 metros braza con marca persoal e récord absoluto do clube. Lucía Romanelli nos 100 bolboreta melloraba o rexistro de 17 anos do clube, e a substitución feminina júnior dos 4x50 metros estilos (Rey, Jiménez, Romanelli e Botana) melloraba tamén o anterior rexistro do clube.  Resultados que podedes ver en descargas natación desta mesma páxina.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.