O vindeiro sábado día 15 de maio de 2021 a Piscina Municipal Carballo Calero acollerá a 4ª e derradeira xornada da Liga Galega de Promesas en horario de tarde (16:30 horas). A competición levaráse a cabo sen a presenza de público e baixo estrictas medidas de seguridade, como o aforo restrinxido, a hixiene de mans, o control de temperatura, o mantemento da distancia de seguridade, o establecemento dun sentido único de circulación, ou o uso obligatorio da máscara agás no momento de nado entre outras. Desta volta o noso equipo de promesas conformarano 19 nadadores-as de 10 anos e menores, das cales 2 pertencen á categoría feminina e os 17 restantes á masculina, fronte ás 2 nenas e os 8 nenos que porá en liza o CN.Arteixo. O programa de probas desta segunda rolda inclúe os 25 metros pes bolboreta con táboa, os 25 e 50 metros bolboreta e os 50 costas nas categorías feminina e masculina. A convocatoria d@s nos@s, a listaxes de saídas (series) e o protocolo anticovid para o domingo estarán dispoñibles ao longo da semana no apartado descargas natación desta mesma web, onde podedes atopar tamén a normativa da Liga Galega de Natación de Promesas para a presente tempada 2020 - 2021.