Desde mañá sábado día 29 de xuño de 2019 e ata o vindeiro domingo día 30 en sesións de mañá e tarde, 8 nadadores da AD. Fogar de Carballo e Oleiros tomarán parte no Campionato Galego Alevín de Verán que se disputa na Piscina Rosario Donas de Ourense (50 m e 8 rúas). O torneo contará coa presenza de 27 equipos e o concurso de 220 nadadores da nosa comunidade autónoma, 126 en categoría feminina e 94 na masculina. En canto á nosa representación confórmana un total de 8 nadadores, que tras lograr as mínimas de participación chegan nun moi bo momento de forma; son 4 nenos e 4 nenas que ao longo da fin de semana nadarán un total de 26 probas, 20 delas a título individual e outras 6 de substitucións. No arquivo adxunto a esta mesma nova podedes consultar a convocatoria e o programa de probas a nadar polos nosos representantes, ademais para ampliar a información sobre o evento podédesvos dirixir á páxina oficial da Fegan a través da ligazón https://www.fegan.org/mp/post/1900.