Os Alevíns acadan 10 medallas no Galego de Natación de Verán


 27 Xuño, 2022   Natación 

Os Alevíns acadan 10 medallas no Galego de Natación de Verán

Os pasados 25 e 26 de xuño de 2022 once d@s nadadores-as da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomaban parte no Campionato Galego Alevín de Natación de Verán celebrado na Piscina Olímpica de Lieiro en Cervo. Localidade onde @s nos@s nadadoras e nadadores callaban unha moi boa actuación acadando a 3ª praza masculina, a 14ª feminina e a 5ª conxunta por equipos. As 10 medallas do campionato foron desta volta para Anxo Fuentefría de 13 anos coas pratas nas probas dos 1500 libres e os 200 estilos e braza, a máis o bronce nos 100 braza;  Oscar Alberte de 14 anos medallista de prata nos 100 libres; Paulo Rivas da mesma idade bronce nos 200 bolboreta; Noa Ferreiro de 11 anos tamén bronce nos 200 libres e as tres medallas de ouro, prata e bronce nas substitucións masculinas dos 4x100 libres, 4x200 libres e 4x100 estilos respectivamente. Ademáis Oscar Alberte nos 100 libres 14 anos; e os nosos remudistas masculinos dos 4x100 libres e estilos e os 4x200 libres, batían as mellores marcas alevíns do club en piscina longa. Así mesmo compre destacar tamén as actuacións individuais de Ian Parga e Joel Barcia ambos de 14 anos que foron 4º nos 200 libres e 5º nos 100 libres e Alba Lamas tamén 5ª nos 100 costas. Resultados que podedes consultar no apartado de descargas natación desta mesma web. 

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.