Os Alevíns acadan 6 medallas no Galego de Natación de Inverno


 07 Febreiro, 2022   Natación 

Os Alevíns acadan 6 medallas no Galego de Natación de Inverno

Os pasados 5 e 6 de febreiro de 2022 sete nadadores-as da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomaban parte no Campionato Galego Alevín de Natación de Inverno disputado na Piscina do Complexo Deportivo Rías do Sur, en Pontevedra. Lugar onde @s nos@s nadadoras e nadadores callaban unha moi boa actuación acadando a 5ª praza masculina, a 15ª feminina e a 6ª conxunta por equipos. As 6 medallas do campionato foron desta volta para Anxo Fuentefría na categoría dos 13 anos co ouro nos 100 braza e o bronce nos 200 libres;  Oscar Alberte na categoría de 14 anos cos bronces nos 100 libres e os 100 bolboreta; e os dous ouros das substitucións masculinas dos 4x200 e os 4x100 libres. Ademáis nesta última os nosos remudistas Ian Parga, Paulo Rivas, Oscar Alberte e Joel Barcia establecían unha nova marca alevín do clube cun rexistro de 4'07''16. Así mesmo compre destacar tamén a actuación de Joel Barcia de 14 anos que foi 5º nos 200 costas e 6º nos 100 costas e o debut nun campionato galego das nosas féminas Lucía Fernández e Noa Ferreiro. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas natación desta mesma web. 

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.