Mañá, sábado día 22 de decembro de 2018 a Piscina Municipal Carballo Calero en Carballo será a sede que acolla desde as 15:30 hs a 2ª Xornada da Liga Galega Alevín; categoría na que os da AD.Fogar de Carballo e Oleiros imos 13º dos 28 equipos que están a tomar parte na mesma. A categoría alevín congrega esta tempada ás nenas nadas nos anos 2006 e 2007 (12 e 13 anos) e os nenos nados en 2005 e 2006 (13 e 14 anos). Para esta segunda rolda aliñaremos un equipo de 28 nadadores e nadadoras, dos que 16 pertencen á categoría feminina e os 12 restantes á masculina. Entre os nosos obxectivos está o de loitar por meternos entre os 10 mellores equipos da táboa galega; e para iso nesta segunda xornada mediremos as nosas forzas cos equipos do CN.Arteixo, o Club do Mar, o CN.Coruña, o CN.Culleredo, o CN.Liceo, o CN.Casino, e o H.Termaria; nun programa de probas que inclúe os 200 e os 800 metros libres, os 100 metros bolboreta, costas e estilos e as remudas dos 4x100 metros libres nas categorías feminina e masculina. O sumario de participantes, a nosa convocatoria e a lista de saídas do sábado están dispoñibles no arquivo adxunto a esta mesma noticia. Ademais no apartado de descargas natación desta mesma web podedes atopar a normativa da liga alevín e clasificación da tempada pasada.