A AD.Fogar de Carballo e Oleiros poñerá en liza mañá á tarde a 46 dos seus nadadores e nadadoras das categorías alevín e infantil. Os alevíns do Fogar tomarán parte na Piscina Municipal de Riazor, A Coruña, na 3ª xornada da Liga Galega cun equipo formado por 14 nadadoras e 12 nadadores coa intención de manterse na loita entre os 12 mellores da categoría que conforman 30 clubs. Pola súa banda os infantís participarán na 2ª xornada da Liga Galega que se disputa na Municipal Santa Isabel de Santiago con 7 mozas e 13 mozos que ocupan a 9ª praza da clasificación conxunta dos 25 clubs que están a participar. Na documentación adxunta a esta mesma noticia poden consultarse tanto as convocatorias como as listas de saídas de ambas categorías, a alevín e a infantil.