O pasado sábado día 15 de xuño disputábase na Piscina dos Batallóns a Copa Galega Benxamín no seu Grupo B, proba que reunía en Ferrol aos equipos clasificados entre o 9º e o 16º posto da liga regular desta categoría. No que aos nosos refírese tomabamos parte como 12º clasificados de liga cun equipo formado por 9 nenas e outros 9 nenos; 18 nadadores e nadadoras que callaban unha brillante actuación para alzarse coa segunda praza conxunta deste Grupo B tras sumar 323 puntos, polos 361 do anfitrión o CN.Marina que levaba a vitoria, os 303 do CN.Ponteareas que era 3º, os 297 do CN.Coruña 4º, os 276 do CN.Arteixo 5º, os 267 do CN.Culleredo 6º, os 220 do Club do Mar 7º e os 205 do CN.Santiago 9º. Os de Carballo e Oleiros mellorabamos así a nosa clasificación ligueira e terminabamos como 10º galegos nesta clasificación copeira. Con esta proba os nosos benxamíns dan por concluída a tempada regular de Natación 2018 - 2019 e centrarán agora os seus esforzos nas probas de Augas Abertas e Tríatlon. Os resultados deste Grupo B da Copa Galega Alevín están dispoñibles no apartado descargas natación desta mesma web.