O pasado 18 de maio desde a AD.Fogar solicitábamos ao Concello de Carballo a posibilidade de retomar os adestramentos dos nosos equipos federados de natación nas categorías benxamín, alevín, infantil, xuvenil, sénior e máster a partir do 25 de maio atendendo ao publicado no BOE do 16 de maio que no seu Artigo 43 referíase á apertura de piscinas para uso deportivo nos seguintes termos:
1- Poderase proceder á apertura das piscinas ao aire libre ou cubertas para a realización de actividades deportivas coas limitacións que recolle este artigo. 2- Poderán acceder ás mesmas calquera persoa, tendo carácter preferente o acceso dos deportistas integrados, a través da correspondente licenza, na federación deportiva cuxas modalidades e especialidades deportivas desenvólvanse no medio acuático; natación, salvamento e socorrismo, tríatlon, pentalón moderno e actividades subacuáticas... https://boe.es/boe/dias/2020/05/16/pdfs/BOE-A-2020-5088.pdf
Descartada inicialmente a data do 25 de maio por cuestión de prazos, a nosa esperanza era a de poder retomar, desde o vindeiro luns día 1 de xuño, a actividade federada de 40 d@s nos@s nadadores e nadadoras e poder rescatar con eles do ERTE a un dos nosos adestradores, pero esta mesma mañá denegábasenos esta posibilidade ata novo aviso.