Os pasados 3, 4 e 5 de xaneiro de 2021 trece nadadores da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomaban parte no Campionato Galego Absoluto de Natación de Inverno desputado na Piscina do Complexo Deportivo Rías do Sur, en Pontevedra. Alí @s nos@s nadadoras e nadadores e a pesar das circunstancias, callaban unha boa actuación acadando a 10ª praza masculina, a 12ª feminina e a 13ª conxunta por equipos. As tres medallas do campionato foron para Manuel Verdes Collazo, prata nos 50 metros braza e bronce nos 50 bolboreta e os 100 estilos, ademais foi cuarto nos 50 metros costas a 44 centésimsa da medalla. No que as mellores marcas do clube se refire Nana Suárez Kitahori batía as dos 16 anos nos 100 e 200 metros libres e Simón Rey Pita as dos 17 anos dos 100 e 200 metros bolboreta. Os resultados d@s nadadoras e nadadores de Carballo e Oleiros poden consultarse no apartado de descargas natación desta mesma web; ademais na ligazón federativa https://www.fegan.org/post/1748 podedes atopar os detalles pormenorizados do campionato.