Os socios da AD.Fogar respaldaron os presupostos de 2019 e 2020


 29 Febreiro, 2020   Natación 

Os socios da AD.Fogar respaldaron os presupostos de 2019 e 2020

Onte venres día 28 de febreiro de 2020 a masa social da A.D. Fogar da Xuventude reuníase no salón de actos do Fórum carballés para celebrar a Asemblea Xeral Ordinaria dunha entidade que suma xa os 31 anos de existencia en Carballo con 275 socios e os 21 en Oleiros con 75. Ás 20:30 horas xa en 2ª convocatoria, os asociados da agrupación daban o seu visto bo aos 202.388,33€ cos que a xunta directiva pechaba o pasado exercicio do 2019; 5.495,81€ máis que no 2018 e superando por primeira vez o teito dos 200.000,00€ de gasto. A masa social daba tamén o seu respaldo ao presuposto de 198.000,00€ presentado pola xunta directiva para o presente exercicio de 2020. Do pasado ano 2019 cabe destacar o incremento de 9.000,00€ do gasto en persoal para unha plantilla que conta con 9 traballadores, 2 máis que no 2018 e o incremento nuns 3.000,00€ dos gastos derivados do desprazamento, aloxamento, manutención, organización e participación dos 425 deportistas da entidade de Carballo e Oleiros nas súas citas sociais e competitivas de natación e tríatlon.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.