O vindeiro sábado día 11 de maio de 2024 a piscina municipal do Complexo Deportivo Álvaro Pino en Ponteareas, vai ser a pileta que acolla a Final da Liga Galega de Clubs de Natación na súa primeira división; proba na que @s da A.D.Fogar de Carballo e Oleiros loitaremos polo ascenso a División de Honra en confrontación directa co anfitrión e o C.N.Galaico. Asegurada xa a permanencia @s nos@s nadarán en sesións de mañán e tarde un programa de 32 probas individuais e 8 substitucións por equipos co obxectivo de gozar desta final sen a presión engadida de ter que eludir o descenso, e por qué non, mesmo loitar por un dos dous postos que dan acceso á máxima categoría da natación galega.
LISTAS DE SAIDAS DA FASE FINAL
CLASIFICACIÓNS PROVISIONAIS DA LIGA GALEGA DE CLUBS