Prata júnior para Santiago Avilés no Galego de Longa Distancia


 14 Decembro, 2021   Natación 

Prata júnior para Santiago Avilés no Galego de Longa Distancia

O pasado domingo @s nadores-as Santiago Aviles (2004), Xiana Pedreira (2006) e Clara Rey (2007), desprazábanse ata Ponteareas para representarnos na XVIII Edición do Campionato Galego de Longa Distancia en Piscina que coincidía coa fase territorial de carácter clasificatorio para o XX Campionato de España da modalidade. No desenvolvemento da proba @s nos@s callaron unha máis que destacada actuación; pola mañá unha combativa Clara Rey remataba 11ª infantil nos 2.000 metros libres mellorando once postos respecto ao seu tempo de inscrición. Xa pola tarde na distancia dos 3.000 metros libres, Xiana Pedreira facíase coa 7ª praza na categoría júnior 1 mentres que Santiago Avilés acadaba a medalla de prata na categoría júnior 2 batendo a mellor marca absoluta do club cun excelente rexistro de 33'21''56. Podedes consultar os resultados d@s nos@s no apartado de descargas natación desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.