Promesas e Benxamíns nadan mañán en Pontevedra e Carballo


 18 Xuño, 2021   Natación 

Promesas e Benxamíns nadan mañán en Pontevedra e Carballo

Esta fin de semana volve a presentarse intensa para os intereses de 33 d@s nadadores-as da AD.Fogar de Carballo e Oleiros. Mañán sábado día 19 de xuño a Piscina Municipal Carballo Calero de Carballo, acollerá en horario de tarde (16:00 horas) a 6ª e derradeira xornada da Liga Galega Benxamín, categoría na que os do Fogar estamos a ocupar a 10ª praza conxunta dos 26 equipos que toman parte. Para esta última rolda os nosos técnicos veñen de convocar a 21 nadadores-as, 9 nenas e 12 nenos que nadarán as probas dos 50 libres, os 100 costas e os 100 estilos. Tamén pola tarde pero no Complexo Deportivo Rías do Sur en Pontevedra, unha representación de 12 nadadores-as, 11 nenos e 1 nena, tomarán parte no Festival Galego de Promesas co que esta categoría pechará a tempada logo de ter nadado tamén as catro xornadas de liga. As convocatorias d@s nos@s, as listaxes de saídas e o protocolo sanitario para o desenvolvemento en Carballo da 6ª xornada da Liga Galega Benxamín, atópanse no apartado descargas natación desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.