Quinto posto para @s nos@s no Campionato de España por FF.TT.


 18 Febreiro, 2025   Natación 

Quinto posto para @s nos@s no Campionato de España por FF.TT.

Anxo Fuentefría, Carlos Casal e Noa Ferreiro callaron a pasada fin de semana en Palma unha boa actuación coa Federación Galega de Natación no XIII Campionato de España de Natación Infantil e Júnior por seleccións territoriais. A título individual os mellores resultados d@s nos@s foron os récords do club de 16 anos de Anxo Fuentefría nos 50 e os 100 braza, o 6º posto infantil de Carlos Casal nos 200 braza e o 17º posto infantil de Noa Ferreiro nos 100 libres. Noa nadou tamén a remuda dos 4x100 libres na que as galegas foron 6ª e Carlos as de 4x100 e 4x200 libres nas que os galegos remataron 9º e 11º respectivamente. No colectivo @s de Carballo, que contaron tamén co adestrador Héctor García como membro do staff técnico, contribuíron a que o combinado galego rematara nunha moi meritoria 5ª praza conxunta por detrás de Cataluña, Andalucía, Madrid e Valencia. No apartado de descargas natación desta mesma web podedes consultar os resultados das probas nas que participaron @s nos@s.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.