Riazor sede da 1ª Preliminar da Liga Galega de Clubs de 1ª División


 02 Novembro, 2023   Natación 

Riazor sede da 1ª Preliminar da Liga Galega de Clubs de 1ª División

Mañán sábado día 4 de novembro de 2023, desde ás 15:30 horas, a Piscina Municipal de Riazor acollerá a primeira das tres xornadas preliminares da Liga Galega de Clubs na súa Primeira División. @s nos@s nadadores-as, que veñen de manter a categoría na tempada pasada; arrincan esta fase preliminar da primeira división galega co obxectivo de volver a loitar pola permanencia, para o que deberán loitar cos equipos do CN. Boiro, o CN. Coruña, o CN. Galaico, o CN. Ponteareas e o CN. Rías Baixas. Nesta primeira rolda concursaremos con 20 d@s nos@s nadadores-as, 10 da categoría feminina e outros 10 da masculina; entre os que se repartirán as probas individuais dos 50 bolboreta e costas, os 200 braza e libres, os 400 metros estilos e os 800 metros libres, ademais das substitucións por equipos dos 4x50 metros libres e os 4x100 e metros estilos. No apartado descargas natación desta mesma web podedes atopar a nosa convocatoria e a lista de saídas da xornada inaugural coruñesa.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.