Co mes de xuño comezaron as competicións de natación en augas abertas e con elas os bos resultados para os especialistas de Carballo e Oleiros. A pasada fin de semana no Lago de Bañolas e con motivo da disputa do Campionato de España de Augas Abertas; Rudy Palamedi proclamábase subcampión de España Máster na categoría de 60 a 64 anos tras nadar os 3 quilómetros en 46 minutos e 21 segundos. Na categoría Infantil Miguel Abelenda clasificaba nun meritorio 13º posto nacional tras completar os 5 quilómetros en 1 hora 2 minutos e 15 segundos. Outra das nosas nadadoras destacadas en Augas Abertas é Cora Vinagre que está a liderar o Circuito Galego na categoría Máster-1 https://www.fegan.org/mp/default/post/2339 grazas ao segundo posto acadado en Ortigueira o 2 de xuño e a vitoria da pasada fin de semana no encoro lucense de Os Peares. Resultados que podedes consultar no apartado descargas natación e descargas máster desta mesma web.