Mañá sábado día 30 de novembro de 2019 a Piscina do Club do Mar de San Amaro, na Coruña, acollerá en horario de tarde a 1ª Xornada da Liga Galega Benxamín. Tras acadar a tempada pasada a 12ª praza dos 31 equipos que tomaron parte na liga galega da categoría; @s da A.D. Fogar de Carballo e Oleiros desprazaremos a esta primeira cita a un total de 34 nadadores e nadadoras de idades comprendidas entre os 9 e os 11 anos; das que 12 pertencen á categoría feminina e os 22 restantes á masculina. @s nosos esperan manter posicións con respecto ao ano pasado e loitar así polo tope 10 da categoría. Nesta primeira rolda ligueira nadaránse as probas individuais dos 50 metros nos estilos libre e costas e os 100 metros libres, ademais das substitucións por equipos dos 4x50 metros estilos masculino e feminino e os 4x50 metros libres mixtos; en confrontación directa cos equipos do CN.Arteixo, CN.Coruña, Club do Mar, CN.Culleredo, e CN.Liceo. Achéganse a esta nova tanto a convocatoria de probas d@s nos@s rapaces e rapazas, como a listaxe de saídas da xornada.