O vindeiro sábado día 6 de maio de 2023 a piscina municipal de Riazor, en A Coruña, vai ser a pileta que acolla a Final da Liga Galega de Clubs de Natación na súa primeira división; proba na que @s da A.D. Fogar de Carballo e Oleiros loitaremos pola permanencia en confrontación directa co C.N. Arzúa e o C.D.N. Cidade de Santiago. Logo de acadar dous ascensos consecutivos os nosos técnicos veñen de convocar un equipo que conforman 11 nadadores e outras 11 nadadoras, coa determinación de gañar esta xornada final evitando así as dúas prazas de descenso directo á segunda división. O sábado @s nos@s nadarán en sesións de mañán e tarde un programa de 32 probas individuais e 8 substitucións por equipos. As series desta fase final da Liga Galega de Clubs de primeira división están dispoñibles no apartado de descargas natación desta mesma web.