@s Infantís acadan 3 medallas no Galego de Inverno de Cervo


 20 Febreiro, 2023   Natación 

@s Infantís acadan 3 medallas no Galego de Inverno de Cervo

Os pasados 18 e 19 de febreiro de 2023 doce d@s nadadores-as da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomaban parte no Campionato Galego Infantil de Natación de Inverno celebrado na Piscina Olímpica de Lieiro en Cervo. Localidade da mariña lucense onde @s nos@s nadadoras e nadadores callaban unha boa actuación acadando a 10ª praza na categoría feminina, a 11ª na masculina e a 9ª conxunta por equipos dos 27 clubs participantes. As 3 medallas do campionato foron desta volta para Raquel Suárez, prata nos 50 libres; Inés Duarte, bronce nesta mesma proba e Paulo Rivas, bronce nos 200 bolboreta. Paulo acadaba ademáis a mínima para o Nacional Infantil de Inverno na proba dos 50 libres na que era 7º. Así mesmo compre destacar tamén as actuacións de Manuel Souto, 4º nos 400 libres e Carla Mourelle, 5ª nos 200 libres. Respecto das substitucións por equipos, os mellores resultados para @s nos@s foron a 7ª praza das rapazas no 4x100 libres onde Inés Duarte, Raquel Suárez, Carla Mourelle e Carmela Ínsua establecían a mellor marca infantil do club e os dous 5º postos dos rapaces no 4x100 e o 4x200 libres. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas natación desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.