Os pasados 9 e 10 de xullo de 2022 dezasete d@s nadadores-as da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomaban parte no Campionato Galego Infantil de Natación de Verán celebrado na Piscina Olímpica de Lieiro en Cervo. Localidade da mariña lucense onde @s nos@s nadadoras e nadadores callaban unha boa actuación acadando a 8ª praza na categoría masculina, a 16ª na feminina e a 11ª conxunta por equipos dos 27 equipos participantes. As 6 medallas do campionato foron desta volta para Pablo Gil de 16 anos, prata na proba dos 1500 libres e o bronce na de 800 libres; Jorge Souto de 15 anos medallista de prata nos 200 estilos e de bronce nos 200 braza; Clara Rey da mesma idade prata nos 800 libres e Carmela Insua de 13 anos bronce nos 200 libres. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas natación desta mesma web.