O pasado sábado día 3 de febreiro a Piscina Municipal Carballo Calero acolleu en Carballo a segunda das Xornadas Preliminares da Liga Galega de Clubs na súa Primeira División c@s nos@s ocupando a terceira praza desta Fase Preliminar con 4 puntos. Nesta segunda rolda competimos con 20 nadadores-as a cos que gañamos as probas masculinas dos 1500 libres, os 50 braza, os 200 bolboreta, os 100 libres e o 4x200 libres, e a feminina dos 50 braza para rematar segundos e sumar outros 5 puntos. En Carballo venceu o C.N. Galaico que sumou 7 puntos, e terceiro foi o C.N. Ponteareas que sumou 4. Ademáis Paulo Rivas de 16 anos e Manuel Souto de 17, bateron as mellores marcas do club dos 200 bolboreta e os 200 libres respectivamente. Deste xeito a clasificación provisional queda co Ponteareas 1º con 11 puntos, o Galaico 2º con 10, o Fogar 3º con 9, o Rías Baixas 4º con 8, o Coruña 5º con 4 e o Boiro 6º con 2. A derradeira xornada preliminar terá lugar tamén en Carballo o 23 de marzo, xornada da que sairán os 3 clubs que loitarán polo título e os 3 que o faran pola permanencia. No apartado descargas natación desta mesma web podedes atopar os resultados da xornada carballesa.