O pasado sábado día 20 de maio de 2023 dezaoito d@s nadadores-as de Carballo e Oleiros (9 mozas e outros 9 mozos), desprazábanse ata a localidade de Ferrol con motivo da disputa do II Trofeo Marcos García celebrado na piscina do Complexo Deportivo Javier Gómez Noya; torneo que baixo a organización do C.N. Ferrol mobilizou a 13 clubs e 170 nadadores e nadadoras da nosa comunidade. En canto ao concurso d@s nos@s temos que destacar unha vez máis a actuación de Carla Mª Jiménez Coppa (2006), 2ª mellor nadadora do torneo e novo récord absoluto do club nos 200 metros braza. Ademáis @s nos@s foron 3º conxunt@s por equipos con 15 mellores marcas persoais das 36 probas que nadaron. No apartado de descargas natación desta mesma web podedes atopar os resultados acadados pol@s nos@s nadadores-as neste II Trofeo Marcos García, Concello de Ferrol.