@s nos@s acadaron en Ourense o obxectivo da permanencia


 21 Maio, 2025   Natación 

@s nos@s acadaron en Ourense o obxectivo da permanencia

O pasado sábado 17 de maio a piscina Rosario Dueñas de Ourense, acolleu en sesións de mañá e tarde a Final da Liga Galega de Clubs de Natación na súa primeira división; xornada na que xogabámosnos a permanencia na división en confrontación directa cun histórico o R.C.N. de Vigo e máis o C.N. Monforte. Coa permanencia como obxectivo e algunha que outra baixa importante de última hora, na sesión da mañá xa iamos primeiros con 64 puntos de vantaxe sobre o Náutico de Vigo e 93 sobre o Monforte. Xa pola tarde e coa tranquilidade de ter a permanencia moi encamiñada, @s nos@s incrementaron diferenzas para rematar sumando un total de 432 puntos, polos 326 de Vigo e os 247 de Monforte; acadando así o obxectivo de manternos un ano máis entre os 12 mellores equipos galegos na categoría absoluta. Compre subliñar tamén os récords do club batidos por Marcos García nos 50 bolboreta da táboa absoluta e os de Alba Lamas, nos 100 costas da categoría absoluta e os 200 braza na de 14 anos. Os resultados desta fase final pola permanencia na 1ª División da Liga Galega de Clubs de Natación están dispoñibles no apartado descargas natación desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.