O pasado sábado día 6 de maio a piscina municipal de Riazor acollía na cidade de A Coruña, en sesións de mañá e tarde, a Final da Liga Galega de Clubs de Natación na súa primeira división; proba na que xogabámosnos a permanencia en confrontación directa co C.D.N. Cidade de Santiago e o C.N. Arzúa. @s nos@s que afrontaban a xornada coa determinación de gañar a final e asinar a permanencia non defraudaron. Se pola mañá con 240 puntos xa aventaxábamos en 67 ao Cidade de Santiago e 127 ao Arzúa, pola tarde e coa tranquilidade da vantaxe conseguida, @s de Carballo e Oleiros mantivemos a regularidade sumando un total de 455 puntos, 146 máis que @s de Santiago e 228 máis que @s de Arzúa. Os resultados desta fase final pola permanencia na primeira división a Liga Galega de Clubs están dispoñibles no apartado descargas natación desta mesma web.