@s nos@s nadadores-as están a atravesar un bo momento de forma, proba delo son os oito récords do club batidos nas dúas últimas probas celebradas en Carballo. O pasado 26 de marzo con motivo da derradeira xornada preliminar da Liga Galega de Clubs na súa 2ª división, Jorge Souto nos 200 braza 15 anos, Carla Jiménez nos 50 braza 16 anos e os 100 braza 16 anos e absoluta e Xabier Guitián nos 50 bolboreta 17 anos, melloraban os anteriores rexistros do club. Compre sinalar tamén que os da AD.Fogar de Carballo e Oleiros loitaremos en Carballo o día 7 de maio na final polo títalo e o ascenso a 1ª división galega co C.N.Arteixo e o C.N.Rías Baixas. Os outros 3 rércords batéronos na 1ª Toma de Tempos da AD.Fogar do pasado sábado as nadadoras Carla Jiménez nos 200 braza 16 anos e Nana Súarez nos 50 costas 17 anos e absoluto. Para rematar dicir que Yoel Suárez representaranos do 8 ao 13 de abril no XXXVIII Campionato de España de Natación Júnior de Málaga no que o de Carballo e Oleiros nadará os 50 libres e os 100 braza.