O pasado sábado día 2 de novembro de 2024 a Piscina Municipal do Complexo Deportivo de Santa Isabel en Santiago de Compostela, acolleu a primeira das tres xornadas preliminares da Liga Galega de Clubs na súa Primeira División. @s nos@s nadadores-as, que veñen de manter a categoría na tempada pasada; arrincaron esta fase preliminar da primeira división galega co obxectivo de volver a loitar pola permanencia, desta volta cos equipos do CN. Pabellón Ourense, CN. Rías Baixas, CN. Santiago, RCN. Vigo e o CN. Monforte. Nesta primeira rolda @s nos@s nadadores-as callaron un bo comezo rematando cuart@s, por diante d@s de Vigo (5ºª) e Monforte (6ºª) que se posicionan como os rivais directos para a loita pola permanencia. Na loita polo título Pabellón foi primeiro, Rías segundo e Santiago terceiro. No que ao nivel de marcas se refire, Marcos García bateu o record absoluto do club nos 50 bolboreta e Anxo Fuentefría o de 15 anos nos 200 braza. A segunda xornada preliminar disputaráse en Ourense o vindeiro 25 de xaneiro. No apartado descargas natación desta mesma web podedes atopar os resultados desta xornada inaugural.