Santiago sede da 1ª Xda. da Liga Galega de Clubs de 1ª División


 04 Novembro, 2022   Natación 

Santiago sede da 1ª Xda. da Liga Galega de Clubs de 1ª División

Mañán sábado día 5 de novembro de 2022, desde ás 15:30 horas, a Piscina Municipal de Santa Isabel en Santiago de Compostela acollerá a primeira das tres Xornadas Preliminares da Liga Galega de Clubs na súa Primeira División. @s nos@s nadadores-as, que veñen de ascender logo de acadar o subcampionato da segunda división na tempada pasada; arrincan esta fase preliminar da primeira división galega co obxectivo de manter a categoría, para o que deberán loitar cos equipos do RCN. de Vigo, o CN. Galaico, o CN. Arzúa, o CNC. de Santiago e o CN. Arteixo. Nesta primeira rolda concursaremos con 22 d@s nos@s nadadores-as, 10 da categoría feminina e outros 12 da masculina; entre os que se repartirán as probas individuais dos 50, 100, e 400 metros libres, os 100 braza e bolboreta, e os 200 costas e estilos, ademais das substitucións por equipos dos 4x50 estilos e os 4x100 e 4x200 metros libres. No apartado descargas natación desta mesma web podedes atopar a nosa convocatoria e a lista de saídas da xornada inaugural santiaguesa.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.