Seis medallas e un récord do clube para @s nos@s en Ourense


 11 Febreiro, 2025   Natación 

Seis medallas e un récord do clube para @s nos@s en Ourense

Os pasados 8 e 9 de febreiro catro d@s nadadores-as da A.D. Fogar tomaron parte no Campionato Galego Júnior de Inverno e a Copa Galega Sénior celebrados na Piscina Municipal Rosario Dueñas de Ourense con 27 clubs e 289 nadadores-as en liza. @s nos@s júniors callaron unha boa actuación rematando na 13ª praza feminina, a 17ª masculina, e a 15ª conxunta por equipos, ainda sen a posibilidade de nadar as remudas. As seis medallas do campionato foron desta volta para Anxo Fuentefría de 16 anos (4), ouro nos 200 braza e estilos e prata nos 100 braza e os 400 estilos; e tamén para Valeria Rodríguez de 16 anos (2), ouro nos 50 braza e bronce nos 50 costas. Compre destacar tamén a 6ª praza de Carla Mourelle nos 100 braza na categoría conxunta das mozas de 17 e 18 anos; e tamén os 2º postos de Martín López nos 50 e os 100 braza da Copa Galega Sénior na que só se premia @s mellores nadadores-as por puntos WAQ. A mellor marca do club batéuna Anxo Fuentefría de 16 anos na proba dos 200 braza. Resultados que podedes atopar xa no apartado de descargas natación desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.