
Alba Lamas, Noa Ferreiro e Anxo Fuentefría callaron a pasada fin de semana en Pontevedra unha boa actuación coa Federación Galega de Natación no XIV Campionato de España de Natación Infantil e Júnior por seleccións autonómicas. A título individual os mellores resultados d@s nos@s foron os récords absolutos do club nos 50 e 100 costas e a mellor marca do club dos 15 anos nos 200 costas de Alba Lamas ademáis do récord do club de 15 anos de Noa Ferreiro nos 100 libres. En canto ás mellores clasificacións, Anxo Fuentefría acadou a 9ª praza júnior nos 200 braza, Alba Lamas a 14ª infantil nos 50 costas e Noa Ferreiro a 23ª infantil nos 100 libres. No colectivo @s de Carballo contribuíron a que o combinado galego sumara 1.145 puntos para rematar na 7ª praza conxunta por detrás de Cataluña (1.881,50), Madrid (1.748), Andalucía (1.643), Valencia (1.338,50), Euskadi (1.242,50) e Castilla La Mancha (1.155). No apartado de descargas natación desta mesma web podedes consultar os resultados das probas nas que participaron @s nos@s nadadores-as.