En relación ao Covid-19 (Coronavirus) e tras a nota informativa previa do Consello Superior de Deportes ás federacións deportivas españolas, a Real Federación Española de Natación (RFEN) suspendía na mediodía de onte o XL Campionato de España Infantil de Natación de Inverno que se ía a celebrar na Piscina Parque do Oeste de Oviedo (Principado de Asturias) do 12 ao 15 de marzo coa participación de 184 clubes e o concurso de 503 nadadores e nadadoras. No mesmo ían tomar parte en representación da AD. Fogar de Carballo e Oleiros, Miguel Abelenda, Nana Suárez e o seu preparador Héctor García. Miguel ía nadar as probas dos 200, 400 e 1500 metros libres mentres que Nana Suárez contaba facer o propio nos 200 metros libres. En canto ao resto de probas da nosa axenda deportiva para a fin de semana http://www.adfogar.com/calendario-socio-dxtivo-fogar iremosvos informando progresivamente en función de cada un dos eventos e según as medidas que poidan adoptar as distintas federacións.